Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30755

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (594/2009).

Nas actuacións: recurso de suplicación número 594/2009 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 354/2007 do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, promovidos por Placer Carballeira Prieto, contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Kaefer Aislamientos, S.A., Izar Construcciones Navales, S.A., Mutual Mydat Cyclops, Mutua La Fraternidad-Muprespa, Asepeyo, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social número 151, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Navantia, S.A., Montajes Cabral, S.L., Alberto Rosa Fina e Hermanos Pita Bedoya, S.L., sobre accidente, con data se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Desestimamos o recurso de suplicación formulado pola representación letrada de Placer Carballeira Prieto contra a sentenza dictada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol do 3 de outubro de 2008, en proceso sobre incapacidade permanente, promovido polo recorrente contra os demandados, e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Alberto Rosa Fina e Hermanos Pita Bedoya, S.L., con último domicilio coñecido na Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de xullo de 2012

O/A secretario/a xudicial