Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30757

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1025/2012 MAY).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1025/2012 MAY.

Xulgado de orixe/autos: demanda 740/2009 Xulgado do Social nº 4 da Coruña.

Recorrente: Pablo Rey Pazos.

Recorridos: Unidad Editorial Información Deportiva, S.L.U., Recoletos Grupo de Comunicación, S.A.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 1025/2012-MAY desta sección, seguido por instancia de Pablo Rey Pazos contra a empresa Unidad Editorial Información Deportiva, S.L.U., Recoletos Grupo de Comunicación, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación do/da secretario/a xudicial. M. Socorro Bazarra Varela. A Coruña, 11 de xullo de 2012. O anterior escrito presentado pola letrada Leirós Barciela o 10.7.2012 ante a Oficina de Rexistro e Notificacións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en nome e representación de Pablo Rey Pazos, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado. Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza. Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte recorrida poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo. Acórdoo e asino. Dou fe».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Recoletos Grupo de Comunicación, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de xullo de 2012

A secretaria xudicial