Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30751

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 511/2012 IP).

Secretaría: Sr. Gamero López-Peláez.

Casación 152 e 153/12 IP.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 511/2012.

Xulgado de orixe dos autos: demanda 410/2010 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrentes: José Antonio Troncoso Oliveira, Pedro L. Abalde García, Herminio Carracedo González, Delfín Puime Alonso, Rosa Mar Mouriño Rivas, José Otero Míguez, Jesús Ignacio Domínguez González, Óscar Soto Duarte, Herminia Gómez González, Higinio Rodríguez Rico, María Rosa Campelo Carballo, Rosa Rivas Couto, Antonio Alonso Domínguez, Francisco Rico Carballo, Carlos Seoane Osormo, Manuel Vázquez Vilar, Domingo Pino Val, José Ramón Coto Iglesias, Juan Carlos Brea Míguez, José Manuel García Prego, Bienvenido Rodríguez Pérez, Rogelio Fernández Fernández.

Avogados: Antonio Troncoso de Castro, Miguel Ángel Lamela Méndez.

Procuradores: Fausto Valentín Blanco García, Juan Antonio Garrido Pardo.

Recorridos: Fogasa, Taguive, S.L., Ministerio Fiscal, Industrias de Tableros Valga, S.A., Fibras de Madera, S.A.

Avogados: María Dolores Carpintero Vázquez, Miguel Hinrichs Gallego.

Procuradores: Gonzalo Lousa Gayoso, Ana María Tejelo Núñez.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da sección nº 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento recurso suplicación 511/2012 desta sección, seguido por instancia de José Antonio Troncoso Oliveira, Pedro L. Abalde García, Herminio Carracedo González, Delfín Puime Alonso, Rosa Mar Mouriño Rivas, José Otero Míguez, Jesús Ignacio Domínguez González, Óscar Soto Duarte, Herminia Gómez González, Higinio Rodríguez Rico, Rosa Rivas Couto, Antonio Alonso Domínguez, Francisco Rico Carballo, Carlos Seoane Osormo, Manuel Vázquez Vilar, Domingo Pino Val, José Ramón Coto Iglesias, Juan Carlos Brea Míguez, José Manuel García Prego, Bienvenido Rodríguez Pérez, Rogelio Fernández Fernández contra la empresa Fogasa, Taguive, S.L., Ministerio Fiscal, Industrias de Tableros Valga, S.A., Fibras de Madera, S.A., sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación do secretario xudicial.

Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Na Coruña o vinte e nove de maio de dous mil doce.

O anterior escrito presentado polo letrado Adolfo José López Fernández, en nome e representación de José Manuel García Prego, Jesús Ignacio Domínguez González, José Otero Míguez, Herminio Carracedo González, Rosa Mar Mouriño Rivas, Delfín Puime Alonso e Pedro Luis Abalde García, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso perante esta sala, e fáiselle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega o exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso, certificación das sentenzas que invoca con expresión da súa firmeza.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso sen prexuízo de que a parte recorrida poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Fibras de Madera, S.A., na actualidade en ignorado paradoiro.

A Coruña, 29 de maio de 2012

O secretario xudicial