Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30213

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (677/2010).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que no rolo de apelación que se dirá recaeu sentenza con data 29 de xullo de 2011, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 29 de xullo de 2011

Vistos pola Sección Quinta da Audiencia Provincial, integrada polos señores maxistrados cuxos nomes na marxe se relacionan, os presentes autos de xuízo verbal número 26/2009, tramitados no Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña, e que ante a Audiencia Provincial pendían en grao de apelación, seguidos entre as partes; como parte demandante-apelante María del Carmen Martínez Ayala; e como demandadas-apeladas as mercantís Excavaciones Amancio Vidal, S.L. e Freire e Hijos, S.L., sendo relatora a maxistrada Mª del Carmen Vilariño López.

Decidimos que con estimación do recurso de apelación formulado pola representación procesual de María del Carmen Martínez Ayala contra a sentenza do 8 de xuño de 2010, ditada nos autos de que este rolo dimana polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña, debemos revogala e revogámola, e no seu lugar, estimando a demanda formulada pola recorrente fronte a Freire e Hijos, S.L. e Excavaciones Amancio Vidal, S.L., debemos condenar e condenamos ambas as dúas mercantís solidariamente á reparación dos danos que se recollen no informe pericial achegado coa demanda como documento número 2; con imposición ás demandadas das custas percibidas en primeira instancia, e sen que proceda efectuar imposición de custas nesta alzada.

E para que conste e sirva a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía, Excavaciones Amancio Vidal, S.L., expido e asino a presente na Coruña, 1 de xuño de 2012. Dou fe».

A secretaria