Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30211

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 728/2009 RMR).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección número 2 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 728/2009 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Parquets Yano’s, S.L. sobre outros dereitos de seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Que considerando en parte o recurso de suplicación interposto polo letrado Sr. Leyenda Martínez, actuando en nome e representación da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza de data 28 de novembro de dous mil oito, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en autos 528/2008 seguidos pola recorrente contra a empresa Parquets Yano´s, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, declaramos a responsabilidade subsidiaria do INSS como continuador do FGAT no reintegro do capital custo da prestación de IPT derivado do accidente de traballo padecido por Jesús Malvido Pazos en data 15 de xullo de 2005 e por importe de 120.494,18 €, e sen prexuízo de que en procedemento á parte a recorrente repita contra a empresa empregadora, e se esta resultar insolvente, fronte ao INSS en canto a Fondo de Garantía.

Déase o destino legal ás consignacións e depósitos constituídos para recorrer. Non procede efectuar un especial pronunciamento de condena sobre as custas procesuais causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Parquets’s, S.L., con último domicilio coñecido en Travesía de Vigo, 102, ático, Vigo (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

Coruña, 30 de xaneiro de 2012

O secretario