Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30214

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (738/2011).

Rebeca Delgado Marzán, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, polo presente, anuncio que neste procedemento seguido por instancia de Banco Santander, S.A. fronte a Joaquim Manuel Lima Martins Coutinho Pereira ditouse sentenza, cuxo extracto literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ferrol, 7 de xuño de 2012

Vistos por min, Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta localidade, os autos de xuízo ordinario número 738/2011 sobre reclamación de cantidade, por instancia do Banco Santander, S.A., representado polo procurador Sr. Fariñas Sobrino e asistido polo letrado Sr. Castro Díaz, contra Joaquim Manuel Lima Martins Coutinho Pereira, en rebeldía.

Decido que, estimando a demanda formulada polo Banco Santander, S.A., representado polo procurador Sr. Fariñas Sobrino, contra Joaquim Manuel Lima Martins Coutinho Pereira, en rebeldía, debo condenar e condeno o expresado demandado a que lle aboe á demandante a suma de seis mil oitocentos oitenta e seis euros con oito céntimos (6.886,08), así como ao pagamento dos xuros da dita cantidade desde o día 3.12.2008, data da última liquidación practicada, ata o momento do completo pagamento da suma reclamada, calculados ao tipo de xuro de mora pactado, 15,5 % anual. Iso con expresa condena do demandado ao pagamento das custas procesuais causadas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación no termo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para o cal deberá terse en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Así, por esta a miña sentenza, xulgando nesta instancia, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado xuíz que a subscribe estando a realizar audiencia no día da súa data, do cal dou fe».

E encontrándose o dito demandado, Joaquim Manuel Lima Martins Coutinho Pereira, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este, facéndose entrega do dito edicto para a súa publicación no DOG ao procurador da parte demandante.

Ferrol, 7 de xuño 2012

A secretaria xudicial