Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30216

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (830/2011).

Eu, María Novo López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente, anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Financiera El Corte Inglés EFC, S.A. contra Jonathan Sánchez Castillo, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 122/2012.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012.

Carlos López Picón, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos de Santiago de Compostela, vistos os autos de xuízo verbal 830/2011, sobre reclamación de cantidade, seguidos entre partes: dunha, como demandante, Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e baixo a dirección técnica do letrado José Manuel Lago Louro, en substitución do letrado José Luis Martínez Olivares, e da outra, como demandado, Jonathan Sánchez Castillo, que non compareceu á vista malia ter sido citado en legal forma (edictos), polo que foi declarado en rebeldía, pronunciou a presente resolución.

Resolvo que, estimando a demanda de reclamación de cantidade interposta polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en nome e representación da entidade demandante, Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., debo condenar e condeno o demandado, Jonathan Sánchez Castillo, a que lle aboe á demandante a cantidade de mil cento sesenta e sete euros con viente e tres céntimos (1.167,23 euros) incrementada cos xuros pactados contractualmente desde a data de interposición da demanda, ata o seu completo pagamento. Con imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, e fágaselles saber que é firme ao non superar a cantidade reclamada a contía de 3.000 euros, en aplicación do así establecido no artigo 455.1 da Lei de axuizamento civil (modificado pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual).

Así, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o dito demandado, Jonathan Sánchez Castillo, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012

A secretaria xudicial