Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30081

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (29/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña fago saber que no día da data, no proceso seguido por instancia de José Antonio Barcia Gómez contra Galeserga, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 29/2010, se acordou notificar a Galeserga, S.L., en ignorado paradoiro, a decisión da sentenza ditada no presente procedemento:

«Decido que estimando en parte a demanda interposta por José Antonio Barcia Gómez contra a empresa Galeserga, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de novecentos sesenta e sete euros e oitenta e cinco céntimos (967,85 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Galeserga, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG.

A Coruña, 9 de xullo de 2012

A secretaria xudicial