Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (53/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado Social número 2 da Coruña fago saber que no proceso seguido por instancia de Francisco Javier Martínez Ferreiro contra Ceipser, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 53/2010, se acordou notificar a Ceipser, S.L., en ignorado paradoiro, a decisión da sentenza ditada no presente procedemento:

«Decido que estimando a demanda interposta por Javier Martínez Ferreiro contra a empresa Ceipser, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de cinco mil setecentos euros e sesenta céntimos (5.700,60 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada, deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a Ceipser, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de xullo de 2012

A secretaria xudicial