Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30083

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (545/2012).

Carmen Varela Rebolo, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de José Manuel Fernández Águila contra Farvi Chantada, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 545/2012, se acordou citar a Farvi Chantada, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 1, situado na r/ Armando Durán, 1, 4º, Lugo, o día 5.9.2012 ás 10.45 horas para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo; poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Farvi Chantada, S.L., expídese a presente cédula.

Lugo, 9 de xullo de 2012

A secretaria xudicial