Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30080

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (77/2011).

No presente procedemento JVB 77/2011, seguido por instancia de Vieira Distribución, S.A., fronte a VER_PDF, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Sentenza: 112/2012.

Asunto: xuízo verbal 77/2011.

Sentenza.

En Pontevedra, 27 de xuño de 2012.

Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Demandante: Vieira Distribución, S.A. Procurador: Pedro A. López López.

Avogado: Luis Fernando González Carracedo.

Demandado: VER_PDF (rebelde procesual).

Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade (responsabilidade administrador sociedade limitada).

Resolvo que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Vieira Distribución, S.A. fronte a VER_PDF, condeno o demandado a lle aboar á demandante a suma de 3.631,82 euros na forma e co xuro sinalados no fundamento xurídico cuarto desta sentenza.

Con expresa imposición das custas deste procedemento á parte demandada.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá interpor directamente neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíquese ás partes. Así o acordo, mando e asino».

E ao estar o demandado VER_PDF en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 28 de xuño de 2012

O/A secretario/a xudicial
Rubricado