Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29454

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (750/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento ordinario 750/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Lagoa Santamaría contra a empresa Servicios Auxiliares de Ingeniería Ingetec, S.L. sobre ordinario, ditáronse as seguintes resolucións:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 750/2010, sendo demandante José María Lagoa Santamaría, asistido polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandada a empresa Servicios Auxiliares de Ingeniería Ingetec, S.L.

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por José María Lagoa Santamaría contra a empresa Servicios Auxiliares de Ingeniería Ingetec, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a José María Lagoa Santamaría a cantidade de 4.000,11 euros que lle debe.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

«Auto.

A Coruña, 20 de xuño de 2012.

Antecedentes de feito.

Único. O día 30 de maio de 2012 ditouse sentenza no presente procedemento.

Despois de ser apreciada a comisión dunha omisión na redacción da resolución de refe-rencia, cómpre levar a cabo a emenda desta.

Parte dispositiva.

Que debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 30 de maio de 2012 ditada no presente procedemento no significado seguinte:

Que ao final do encabezamento desta se faga constar o seguinte:

despois de “ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)”.

Do mesmo xeito, que se incorpore, como segundo parágrafo do suplico o seguinte:

“Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade”.

E iso, co mantemento inalterado do resto do seu contido.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo».

E para que conste e sirva de notificación a Servicios Auxiliares de Ingeniería Ingetec, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de xuño de 2012

A secretaria xudicial