Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (60/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria do Social número 3 da Coruña (reforzo), fago saber que no proceso seguido por instancia de Bruno Suárez Rodríguez contra Red de Servicios e Implantaciones, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 60/2010 ditouse resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de xuño de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 60/2010, sendo demandante José Bruno Suárez Rodríguez, asistido pola letrada Sra. Vázquez Méndez, e demandada a empresa Red de Servicios e Implantaciones, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Bruno Suárez Rodríguez contra a empresa Red de Servicios e Implantaciones, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Bruno Suárez Rodríguez a cantidade de 679,23 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Red de Servicios e Implantaciones, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de xullo de 2012

A secretaria xudicial