Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29453

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (729/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de demanda 729/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, trinta e un de maio de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 729/2009, seguidos por instancia de Juan Antonio Saiz González, representado polo letrado Sr. Vázquez Pérez-Coleman, contra Anega Sistemas, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decisión: que considerando integramente a demanda formulada por Juan Antonio Sainz González, asistido polo letrado Sr. Vázquez Coleman, contra Anega Sistemas, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 955,11 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET. Notifíqueselle esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Anega Sistemas, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xuño de 2012

A secretaria xudicial