Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29452

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1358/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de demanda 1358/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, sete de xuño de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 reforzo desta cidade, os autos número 1358/2009, promovidos por instancia de Milena Patricia Gómez Hernández, representada polo seu letrado Sr. Martínez Ramonde e contra a empresa Interfashion Line, S.L., que non compareceu no acto do xuízo, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decisión: que estimando a demanda formulada por Milena Patricia Gómez Hernández, representada polo seu letrado Sr. Martínez Ramonde, e contra a empresa Interfashion Line, S.L., que non comparece no acto do xuízo, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao Sr. Vicente a cantidade de 2.535,65 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Interfashion Line, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xuño de 2012

A secretaria xudicial