Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28689

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (283/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento obxectivo individual 283/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Pérez Figueroa contra a empresa Belle de Jour, S.L., Fogasa sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«A Coruña, 19 de xuño de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante, María Dolores Pérez Figueroa, que comparece no seu nome e representación o letrado Ángel Trashorras Lodos e doutra, como demandado, Belle de Jour, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma.

Resolución:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Dolores Pérez Figueroa fronte á empresa Belle de Jour, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con extinción da relación laboral en data da presente sentenza coa indemnización que se fixa no número seguinte. Todo isto con condena á citada empresa ao seu aboamento.

2. A indemnización que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, é de 15.905,61 euros (quince mil novecentos cinco con sesenta e un céntimos de euro). Todo isto sen devindicación de salarios de tramitación.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtese igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habentes-causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0283 12 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, en caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, con número 1533 0000 60 0283 12 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado con anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta mi sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Belle de Jour, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de xuño de 2012

O secretario xudicial