Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28691

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1314/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber:

Que no procedemento de demanda 1314/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e oito de maio de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1314/2009 seguidos por instancia de Jorge Óscar Agnus Piñeiro e Ana María Campos Torres, representadas pola letrada Sra. González Valcárcel, contra Galiasistencia, S.L. en rebeldía procesual e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Jorge Óscar Agnus Piñeiro e Ana María Campos Torres, representadas pola letrada Sra. González Valcárcel, contra Galiasistencia, S.L. en rebeldía procesual e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle a Jorge Óscar Agnus Piñeiro a cantidade de 6.410,25 euros e a Ana María Campos Torres a cantidade de 5.180,92 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2 g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.»

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Galiasistencia S.L. expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xuño de 2012

A secretaria xudicial