Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28692

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1280/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1280/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame é do teor literal seguinte:

«A Coruña, 28 de maio de 2012

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1280/2009 seguidos por instancia de José Antonio Prego Silveira, representado pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra Raysa Reformas e Instalaciones, S.L., en rebeldía procesual; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, considerando integramente a demanda formulada por José Antonio Prego Silveira, representado pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra Raysa Reformas e Instalaciones, S.L., en rebeldía procesual, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 1.656,72 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela. Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Raysa, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xuño de 2012

A secretaria xudicial