Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28466

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1025/2012 MRA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1025/2012 MRA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 740/2009 Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Recorrente: Pablo Rey Pazos.

Avogada: Regina Leiros Barciela.

Recorridos: Unidad Editorial Información Deportiva, S.L.U., Recoletos Grupo de Comunicación, S.A.

Avogado: Francisco Sierra González.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1025/2012 desta sección, seguido por instancia de Pablo Rey Pazos contra a empresa Unidad Editorial Información Deportiva, S.L.U., Recoletos Grupo de Comunicación, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Pablo Rey Pazos contra a sentenza de data 20.10.2011, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, seguidos por instancia do recorrente contra Unidad Editorial Información Deportiva, S.L.U., Recoletos Grupo de Comunicación, S.A., a sala confírmaa na súa totalidade.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto, co número 1552, debendo indicar no campo concepto Recurso, seguido do código 35 Social casación. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código 35 Social casación. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Recoletos Grupo de Comunicación, S.A., expido e asino o presente edicto na Coruña, 26 de xuño de 2012.

A Coruña, 21 de xuño de 2012

A secretaria xudicial