Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28468

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO SENTENCIA JVB 114/2011.

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, por medio deste edicto, anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Financiera El Corte Inglés EFC, S.A. fronte a Washington Sanguinetti ditouse sentenza do 7 de xullo de 2011, cuxo teor literal dos antecedentes de feito é o seguinte:

Vistos por Jesús Gómez Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela os presentes autos de xuízo verbal nº 114/2011 sobre reclamación de cantidade, seguidos perante este xulgado por instancia de Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e baixo a dirección letrada de José Luís Martínez-Olivares Gómez, contra Washington Sanguinetti, en situación de rebeldía procesual,

O teor literal da decisión é o seguinte:

Estímase integramente a demanda interposta por Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada polo procurador Ricardo García-Piccoli, contra Washington Sanguinetti, en situación de rebeldía procesual, e condénase o demandado a que lle aboe á demandante a cantidade de tres mil catrocentos cincuenta e cinco euros con setenta e sete céntimos (3.455,77 €). Condénase o demandado ás custas procesuais.

E encontrándose o dito demandado, Washington Sanguinetti, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2012

Mª del Carmen Vázquez Rodríguez
Secretaria xudicial