Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28469

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (241/2012).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, por medio deste edicto, anuncio:

No presente procedemento JVB 241/2012 seguido por instancia de Ramón Rozas Mosquera fronte a Ahmed El Orche ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 69/12.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2012

Vistos por Jesús Gómez Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela os presentes autos de xuízo verbal nº 241/12 sobre reclamación de cantidade, seguidos perante este xulgado por instancia de Ramón Rozas Mosquera, representado polo procurador Ricardo Taboada Fernández e baixo a dirección letrada de Filomena Casal Gómez, contra Ahmed El Orche, en situación de rebeldía procesual, dítase a presente sentenza en virtude dos seguintes:

Decido.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Ramón Rozas Mosquera, representado polo procurador Ricardo Taboada Fernández, contra Ahmed El Orche, en situación de rebeldía procesual, e condénase o demandado a que aboe ao demandante a cantidade de tres mil cento un euros con setenta e cinco céntimos (3.101,75 euros), máis os xuros indicados no fundamento de dereito cuarto desta sentenza.

Non se fai expresa condena nas custas procesuais.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela se pode interpoñer recurso de apelación perante a audiencia provincial, neste mesmo xulgado, nun prazo de vinte días contados desde a súa notificación e advírteselles da necesidade de constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, nos termos indicados na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentenza foi publicada polo maxistrado-xuíz que a subscribe estando celebrando audiencia pública no día da súa data, por ante min a secretaria xudicial, do que dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jesús Casal Fraga, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2012

A secretaria xudicial