Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28471

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (269/2008).

Procedemento: ordinario 269/2008.

Sobre: reclamación de cantidade.

De: María José García López, Serafín García Cortizas.

Procuradora: Alma Blanco Pita.

Contra: Caja de Ahorros del Mediterráneo CAM, Dadime Gestión, S.L., Mens Legis, S.L., José Antonio García López.

Procuradores: Amparo Cagiao Rivas, Sandra Amor Vilariño, (…), Carlos García Brandariz.

Nos autos de ordinario número 269/08, seguidos por instancia da procuradora Alma Branco Pita, en nome e representación de María José García López e Serafín García Cortizas, contra José Antonio García López, CAM, Dadime Gestión, S.L. e Mens Legis, S.L., ditouse con data 21.10.2009 sentenza que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Sentenza: 155/2009.

Betanzos, 21 de outubro de 2009.

Vistos por Nuria Fachal Noguer, xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo ordinario 269/2008, en que son partes os demandantes Serafín García Cortizas e María José García López, asistidos polo letrado Sr. Romay Roldán e representados pola procuradora Sra. Blanco Pita e os demandados, José Antonio García López, representado polo procurador Sr. García Brandariz e asistido pola letrada Sra. García Casas, a Caja de Ahorros del Mediterráneo, asistida polo letrado Sr. Iglesias Rodríguez e representado pola procuradora Sra. Cagiao Rivas, Dadime Gestión, S.L., representada pola procuradora Sra. Amor Vilariño e asistido polo letrado Sr. Conti Joch Berenguer, e Mens Legis, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Decisión.

1) Estimando a demanda interposta por Serafín García Cortizas, en nome e representación de María José García López, asistido polo letrado Sr. Romay Roldán e representado pola procuradora Sra. Blanco Pita contra os demandados, José Antonio García López, representado polo procurador Sr. García Brandariz e asistido pola letrada Sra. García Casas, a Caja de Ahorros del Mediterráneo, asistida polo letrado Sr. Iglesias Rodríguez e representado pola procuradora Sra. Cagiao Rivas, Dadime Gestión, S.L., representada pola procuradora Sra. Amor Vilariño e asistida polo letrado Sr. Conti Joch Berenguer, e Mens Legis, S.L., en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a nulidade das escrituras públicas de poder especial outorgadas por María José García López os días 23 de marzo de 2004 e 15 de outubro de 2004, así como as escrituras de constitución de préstamo con garantía hipotecaria outorgadas por José Antonio García López, en nome e representación de María José García López, coas entidades a Caja de Ahorros del Mediterráneo e Mens Legis, S.L., os días 10 de decembro de 2004 e 22 de maio de 2006 e a nulidade da escritura de cesión de crédito outorgada por Mens Legis, S.L. a favor de Dadime Gestión, S.L., en data 4 de setembro de 2007, no que se refire ao crédito que Mens Legis, S.L. tiña respecto de María José García López.

En consecuencia, ordénase a Serafín García Cortizas, na súa calidade de titor de María José García López, que proceda á devolución aos demandados Caja de Ahorros del Mediterráneo e Dadime Gestión, S.L. das seguintes cantidades: á Caja de Ahorros del Mediterráneo a cantidade de 36.000 € respecto do préstamo constituído con Caja de Ahorros del Mediterráneo por un principal de 144.000 euros e a Dadime Gestión, S.L. a cantidade de 7.575 euros respecto do préstamo constituído con Mens Legis, S.L. (cedido a Dadime Gestión, S.L.) por un principal de 30.300 euros.

2) Desestimo a demanda interposta por Serafín García Cortizas, asistido polo letrado Sr. Romay Roldán e representada pola procuradora Sra. Blanco Pita contra os demandados, José Antonio García López, representados polo procurador Sr. García Brandariz e asistido pola letrada Sra. García Casas, a Caja de Ahorros del Mediterráneo, asistidos polo letrado Sr. Iglesias Rodríguez e representado pola procuradora Sra. Cagiao Rivas, Dadime Gestión, S.L., representada pola procuradora Sra. Amor Vilariño e asistida polo letrado Sr. Conti Joch Berenguer, e Mens Legis, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Todo iso sen expresa imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación, que deberá prepararse neste xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Leu e publicou a anterior sentenza a xuíza que a ditou no día da data e realizando audiencia pública. Dou fe.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG, e para que sirva de notificación en forma ao demandado rebelde Mens Legis, S.L., expídese o presente.

Betanzos, 10 de febreiro de 2012

A secretaria