Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28474

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (369/2011).

Carmen Varela Rebolo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 369/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Pena Medían contra Ángel Méndez Lombao, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por José Manuel Pena Medín contra a empresa Ángel Méndez Lombao, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 2.326,52 euros, máis os xuros de mora.

E para que sirva de notificación en forma a Ángel Méndez Lombao, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 27 de xuño de 2012

A secretaria xudicial