Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28475

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (53/2012).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento PO 53/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, un de xuño de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) desta cidade, os autos número 53/2012, promovidos por instancia de Manuel Rey Souto, representado polo seu letrado Sr. Pérez López e contra a empresa Teijeiro Recarey, S.L., que non compareceu no acto do xuízo, e o Fogasa, que tampouco comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decisión: que estimando a demanda formulada por Manuel Rey Souto, representado polo seu letrado Sr. Pérez López e contra a empresa Teijeiro Recarey, S.L., que non compareceu no acto do xuízo, e o Fogasa, que tampouco comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a suma de 4.235,26 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Teijeiro Recarey, S.L. expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xuño de 2012

A secretaria xudicial