Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1307/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 1307/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, trinta e un de maio de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1307/2011 seguidos por instancia de María del Mar Maroño Arévalo, representada polo graduado social Sr. Verdía Rodríguez, contra Nogi Outeiro Orense, S.L. e Jacinta Sánchez Rodríguez, que non comparecen malia estaren citadas en legal forma e o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada a Sra. Abajo Lera, versando a litis sobre reclamación de cantidade.

Decisión que estimando integramente a demanda formulada por María del Mar Maroño Arévalo, representada polo graduado social Sr. Verdía Rodríguez, contra Nogi Outeiro Orense, S.L e Jacinta Sánchez Rodríguez, que non comparecen malia estaren citadas en legal forma e o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada a Sra. Abajo Lera, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 4.603,73 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade que poida ter respecto a tales cantidades segundo o establecido no artigo 33 do ET. Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Mogi Outeiro Orense, S.L. e Jacinta Sánchez Rodríguez, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xuño de 2012

A secretaria xudicial