Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28465

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 21 de xuño de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, unha praza de xefe da Sección de Farmacia Hospitalaria.

O xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 15 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, resolve anunciar a convocatoria para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, dunha praza de xefe da Sección de Farmacia Hospitalaria.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de agosto de 2012. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro do CHUAC, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 21 de xuño de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe da Sección de Farmacia Hospitalaria da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A.

Nº de vacantes: 1.