Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28464

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 21 de xuño de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, unha praza de xefe da Sección de Hematoloxía e Hemoterapia.

O xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 15 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada por Orde do 28 de setembro de 2011, resolve anunciar a convocatoria, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, dunha praza de xefe da Sección de Hematoloxía e Hemoterapia.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de agosto de 2012. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro do CHUAC así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 21 de xuño de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe da Sección de Hematoloxía e Hemoterapia da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A.

Nº de vacantes: 1.