O xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 15 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada por Orde do 28 de setembro de 2011, resolve anunciar a convocatoria, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, dunha praza de xefe do Servizo de Cirurxía Cardiovascular.
As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de agosto de 2012. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro do CHUAC, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 21 de xuño de 2012
Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña
ANEXO
Denominación do posto: xefe de Servizo de Cirurxía Cardiovascular da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.
Grupo de clasificación: A.
Nº de vacantes: 1.