Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27750

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1162/2009).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1162/2009 CRS.

Materia: accidente.

Recorrente: Raúl Real Vidal.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, La Fraternidad Muprespa, Itasi, S.A.U.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Ourense. Demanda: 933/2008.

Secretaría: Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de demanda/recurso de suplicación número 1162/2009 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 933/2008 do Xulgado do Social número 1 de Ourense, promovidos por Raúl Real Vidal contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, La Fraternidad Muprespa, Itasi, S.A.U., sobre accidente, con data 8 de xuño de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Raúl Real Vidal contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense, nos presentes autos sobre enfermidade profesional tramitados por instancia do recorrente fronte á Mutua La Fraternidad-Muprespa, o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Itasi, S.A.U., debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Itasi, S.A.U., con último domicilio coñecido en Quiroga, Lugo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de xuño de 2012

A secretaria xudicial