Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27752

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (896/2009).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 896/2009 MRA a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 527/2006, do Xulgado do Social número 3 de Vigo, promovidos por Eurovida, S.A. Compañía de Seguros y Reaseguros contra Sanles y Casal, S.L., Manuel García Fernández, Prudencio Casal Abraldes, Floriano Represas Trillo, Esteban Sanles Gómez, sobre outros dereitos de Seguridade Social, con data 15.6.2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Eurovida, S.A. Seguros y Reaseguros contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, do 3 de outubro de 2008, en autos número 527/2006, que revogamos; desestimamos a demanda formulada por Floriano Represas Trillo contra a entidade recorrente, a que absolvemos, e estimámola contra Sanles y Casal, S.L., a que condenamos a aboarlle vinte e dous mil euros (22.000 €) en concepto de mellora de seguridade social por incapacidade permanente total.

Déase o destino legal aos depósitos efectuados pola recorrente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Sanles y Casal, S.L., Manuel García Fernández, con último domicilio coñecido en..., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de xuño de 2012

A secretaria xudicial