Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27754

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1166/2010).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 1166/2010 deste xulgado do social, seguido a instancia de María Jesús Villamor Martínez contra a empresa Centro de Transfusión de Galicia, Gonzalo Carro Varela, Sonia Vidal González, María Luz Vázquez Quinta, María José Valiñas Lemos, Rosa Conde Cal, María del Carmen Lodeiro Iglesias, Ana María López López, Ana Salvadores Recouso, Begoña Docampo Piñeiro, Milagros Corujo Quinteiro, Sonia Gracia García, Ana Belén Castiñeiras Martínez, Begoña Espiñeira Castro e Amerida Isabel Otero Pacheco sobre ordinario, ditouse o 6.6.2012 a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Polo exposto, acollo parcialmente a demanda interposta pola parte demandante María Jesús Villamor Martínez, contra a codemandada Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia, e recoñezo o dereito de reingreso da parte demandante na fundación demanda como persoal laboral fixo, con categoría profesional auxiliar administrativo, con antigüidade desde o 5.10.1999, e rexeito a petición de salarios desde a data de reingreso polo exposto nos fundamentos xurídicos, e absolvo as partes codemandadas Gonzalo Carro Varela, Sonia Vidal González, María Luz Vázquez Quinta, María José Baliñas Lemos, Rosa Conde Cal, María del Carmen Lodeiro Iglesias, Ana María López López, Ana Salvadores Recouso, Begoña Docampo Piñeiro, Milagros Corujo Quinteiro, Sonia Gracia García, Ana Belén Castiñeiras Martínez, Begoña Espiñeira Castro e Amerida Isabel Otero Pacheco.

Esta resolución notifícase ás partes facéndolles saber que non é firme, e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes á súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma ás demandadas Milagros Corujo Quinteiro e Sonia Gracia García, en paradoiro descoñecido, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto de comunicacións das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2012

A secretaria xudicial