Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 26 de xuño de 2012, do Servizo de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 10 de maio de 2012, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-67/12 por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Félix Collazos López, e os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co establecido no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a resolución do presente procedemento por infracción leve corresponde á titular da Xefatura do Servizo de Turismo da Coruña.

A resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 84.1 da Lei 14/2008, do 3 de decembro.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegaren ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a este, cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, coa advertencia de que, de non formularen alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 26 de xuño de 2012

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-67/12.

Denunciada: Vidisco, S.L.

CIF: B82256207.

Establecemento: Pizza Móvil.

Enderezo: centro comercial Marineda City, estrada Baños de Arteixo, 43.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 69.a).1 e 69.b) da Lei 14/2008.

Incoación: 10 de maio de 2012.

Sanción: multa de cento cincuenta euros (150 €).