Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27748

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1593/2009).

Recorrente: María Paz López Román.

Recorrido: Repsol YPF, S.A.

Avogada: María Cristina Muñoyerro del Olmo.

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera.

Recorrido: Fondo de Garantía Salarial.

Recorrido: Campsa Estaciones de Servicio, S.A., Feituco, S.L.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 2 de Lugo. Demanda: 794/2008.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que nas actuacións de recurso de suplicación número 1593/2009, a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 794/2008 do Xulgado do Social número 2 de Lugo, promovidos por María Paz López Román contra as entidades Repsol YPF, S.A., Campsa Estaciones de Servicio, S.A., o Fondo de Garantía Salarial e a empresa Feituco, S.L., sobre reclamación de cantidade, con data 15 de xuño de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación formulado por María de la Paz López Román contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Lugo, de data 23 de xaneiro de 2009, en autos número 794/2008, sobre reclamación de cantidade, instados por aquela fronte a Campsa Estaciones de Servicio, S.A., Repsol YPF, S.A., Feituco, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, confirmamos a resolución de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Feituco, S.L., con último domicilio coñecido en Lugo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de xuño de 2012

O secretario xudicial