Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26808

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (345/2009).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Na Coruña, cinco de maio de dous mil dez.

Vistos por min, Marta Canles Gantes, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 1 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos neste xulgado co número 345/2009-C, sobre reclamación de cantidade, sendo parte demandante Lino Haz Martínez, representado pola procuradora Sonia Rodríguez Arroyo e coa asistencia letrada de Sara López Paz e parte demandado, a entidade Caser, representada polo procurador José Amenedo Martínez e coa asistencia letrada de Margarita Spiegelberg Matos e a entidade Bercop, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Decido que estimando a demanda interposta por Lino Haz Martínez, representado pola procuradora Sonia Rodríguez Arroyo, contra a entidade Caser, representada polo procurador José Amenedo Martínez e contra a entidade Bercop, S.L., en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno:

– Solidariamente a entidade Caser e a entidade Bercop, S.L. a que aboen a Lino Haz Martínez o importe de 5.761,60 euros, incrementado con relación á entidade aseguradora demandada, cos xuros do artigo 20 da Lei de contrato de seguro, desde a data do sinistro e con relación á entidade Bercop cos legais desde a data de interpretación xudicial.

–A entidade Bercop, S.L. a que aboe a Lino Haz Martínez a cantidade de mil cincocentos euros (1.500), incrementada cos xuros legais correspondentes desde a data de interpretación xudicial.

En materia de custas, con relación á acción iniciada fronte á entidade aseguradora demandada, corresponde a cada parte o aboamento das causadas pola súa instancia, sendo o das comúns por metade.

Con relación á acción iniciada fronte á entidade Bercop corresponde o seu aboamento a esta última.

Notifíquese ás partes, e fágaselles saber que contra esta sentenza poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación, preparándose ante este mesmo xulgado con suxeición aos artigos 455 e seguintes a Lei de axuizamento civil.

De conformidade co disposto na disposición adicional 15ª da LOPX na reforma introducida pola O 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a LOPX 6/1985, do 1 de xullo, a admisión a trámite do recurso quedará supeditada, ao anunciarse ou prepararse este, á acreditación da prestación de depósito polo recorrente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado do importe de 50 euros.

Así, por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa incorporación aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da data estando a celebrar audiencia pública. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Bercop, S.L., esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 20 de abril de 2012

O/a secretario/a