Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26810

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1474/2009).

María Blanco Aquino, secretaria substituta do Social número 2 da Coruña fago saber que no proceso seguido por instancia de Tamara López García contra Cascel Proyectos, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1474/2009, se acordou notificar a Cascel Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, a parte dispositiva do auto de desistencia ditado en data 13.6.2012.

Parte dispositiva.

Tense por desistida a Tamara López García da súa demanda, e unha vez firme esta resolución arquívese.

Modo de impugnala: mediante recurso de reposición que se presentará neste xulgado dentro dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

E para que sirva de notificación a Cascel Proyectos, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia.

A Coruña, 15 de xuño de 2012

A secretaria xudicial