Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26811

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1233/2009).

María Blanco Aquino, secretaria substituta do Social número 2 da Coruña.

Fago saber que no proceso seguido por instancia de Gustavo López Rojas contra Agostinho da Silva Rocha e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1233/2009, se acordou notificar a Agostinho da Silva Rocha, en ignorado paradoiro, a parte dispositiva do auto ditado en data 13.6.2012.

Parte dispositiva.

Tense por desistido a Gustavo López Rojas da súa demanda, e unha vez firme esta resolución, arquívese.

Modo de impugnala: mediante recurso de reposición que se presentará neste xulgado dentro dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

E para que sirva de citación a Agostinho da Silva Rocha, expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG.

A Coruña, 15 de xuño de 2012

A secretaria xudicial