Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26812

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1297/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1297/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Margarita Estévez Insua contra a empresa Usual Garments, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento, foi interposta por Margarita Estévez Ínsua, contra a entidade Usual Garments, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que o demandante foi obxecto en data do 15 de novembro de 2011, con efectos desde o 14 de novembro de 2011, condenando a que a entidade Usual Garments, S.L., no prazo de cinco (5) días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 18.504,12 euros, máis ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 59,45 euros diarios, en ambos os casos.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu derecho a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación.

Adviértase ao recorrente que non for trabajador ou beneficiario do Réxime público de Seguridade Social, ou causa habente seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co núm. 47570000, código 36 e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de Depósitos e Consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Usual Garments, S.L. en ignorado paradoiro, estendo e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de xuño de 2012

A secretaria xudicial