Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26814

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (106/2010).

A Coruña, 14 de xuño de 2012.

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no presente procedemento se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 4.

A Coruña.

Reforzo.

Sentenza: 390/2012.

Seguridade Social (incapacidade temporal determinación de continxencia): 106/2010.

Sentenza.

A Coruña, 5 de xuño de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre prestación de incapacidade temporal (determinación de continxencia) 106/2010, sendo demandante José Pazos Martínez, representado polo letrado Sr. Doldán Rodríguez, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Regueira Rodríguez, Mutua Cyclops, coa representación da letrada Sra. Fernández-Chao González-Dopeso, e a empresa Amegal, S.L.

Dispoño que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por parte de José Pazos Martínez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS), contra Mutua Cyclops, así como contra a empresa Amegal, S.L., e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exercitasen na súa contra en méritos do presente procedemento.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Amegal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A secretaria xudicial