Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26816

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (694/2010).

A Coruña, 14 de xuño de 2012.

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que neste procedemento se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 4.

A Coruña.

Reforzo.

Sentenza: 312/2012.

Reclamación cantidade: 694/2010.

Sentenza.

A Coruña, 11 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 694/2010, sendo demandante Sonia Vázquez Minchón, asistida polo letrado Sr. Pedreira Candal, e demandada a empresa Ingeniería de Comunicación Sigüeiro, S.L.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Sonia Vázquez Minchón contra a empresa Ingeniería de Comunicación Sigüeiro, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a Sonia Vázquez Minchón a cantidade de 3.619,04 euros que debe, cantidade, esta, que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ingeniería de Comunicación Sigüeiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A secretaria xudicial