Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26818

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1333/2009).

A Coruña, 14 de xuño de 2012

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que neste procedemento se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 339/2012.

Reclamación de cantidade 1333/2009.

Sentenza.

A Coruña, 18 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1333/2009, sendo demandante a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, coa representación da letrada do Estado Sra. Busto Landín, e demandadas a empresa Galihotel de Explotaciones Hosteleras, S.L., así como Minerlith Chumbe Ramírez e Rosángela Bastos Morais.

Dispoño que debo aceptar e acepto a demanda interposta por parte da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social contra a empresa Galihotel de Explotaciones Hosteleras, S.L., así como contra Minerlith Chumbe Ramírez e Rosángela Bastos Morais e, en consecuencia, declaro que a relación xurídica que vinculaba a empresa Galihotel de Explotaciones Hosteleras, S.L. con Minerlith Chumbe Ramírez e con Rosángela Bastos Morais era de natureza laboral.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Minerlith Chumbe Ramírez, actualmente en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A secretaria xudicial