Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-PF-77/2011).

Intentada a notificación ao interesado que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

O expediente relacionado encóntrase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla nº 70, 27071 Lugo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Lugo, 6 de xuño de 2012

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: LU-PF-77/2011.

NIF: 76507638R.

Interesado: Antonio Meijide Boo.