Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26806

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 964/2009-CRS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 964/2009-CRS.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Demanda: 481/2008.

Materia: reclamación de cantidade.

Recorrente: Álvarez Julio Paz.

Letrada: Laura Martínez Dezagoire.

Recorridos: – empresa Bekerja Talo, S.L.

– Fondo de Garantía Salarial.

Secretaría: María Asunción Barrio Calle.

Cédula de notificación.

Nas actuacións 481/2008, recurso de suplicación número 964/2009-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 481/2008 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos por Álvarez Julio Paz contra Fogasa, empresa Bekerja Talo, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que con estimación do recurso interposto por Julio Paz Álvarez, revogamos a sentenza que con data 22/10708 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo, e acollendo en parte a demanda condenamos a empresa Bekerja Talo, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de dous mil trescentos dezaoito euros e oitenta e dous céntimos (2.318,82 €), incrementada co xuro por mora do 10%.

Así mesmo, absolvemos o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte, empresa Bekerja Talo, S.L., que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Bekerja Talo, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Zaragoza 55, baixo, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña, catorce de xuño de dous mil doce.

A secretaria xudicial