Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26804

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 1355/2009-MJ).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1355/2009 CM/xuño.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Demanda: 224/2006.

Materia: accidente.

Recorrente: Ana María Castro Vázquez.

Letrado: Pedro Manuel Pedreira Candal-CIG.

Recorridos:

– INSS.

– Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Letrado: Pablo Torrado Oubiña.

Notificacións: letrado Monteoliva Díaz.

– Calviño Lema E., S.L.

Secretaria: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de demanda/recurso de suplicación número 1355/2009-MJ a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 224/2006 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por Ana María Castro Vázquez contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, con data 14 de xuño de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que con desestimación do recurso interposto por Ana María Castro Vázquez, confirmamos a sentenza que con data 2.6.2008 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña, por instancia da Mutua Gallega, e pola que se acolleu a demanda formulada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Calviño Lema E., S.L., con último domicilio coñecido na praza de María Pita nº 24, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de xuño de 2012

A secretaria xudicial