Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26802

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (795-2009).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 795/2009-CRS ás que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 492/2008 do Xulgado do Social número 1 de Vigo promovidos por Mutua Cyclops, contra José Garrido Núñez, Eugenio Gutiérrez Eiroa, Manuel Baños García, Antonio Davida García, Construcións San Blas, S.L., Arturo Costas Fervenza, Alberto Fernández Martínez, José Manuel Mariño Fernández, Iván Santero Mosquera, Jesús Viéitez Molanes, Amador Barreiro Mariño, Rogelio Gándara Domínguez, Jesús Cespón Campos, José Gómez Pereira, Eloy Vázquez Currais, José Antonio Suárez Casas, Vicente Amoedo Maestu, Cristian Alves Cabaco, sobre outros dchos. da Seguridade Social, con data se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que debemos desestimar e desestimamos o recurso interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social en nome e representación do INSS contra a sentenza con data do 28 de novembro de 2008 ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo en proceso promovido pola demandante Mutua Cyclops Midat contra a empresa Construcións San Blas, S.L. e outros e en tal sentido debemos confirmar e confirmamos a sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no Rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselles ás partes, Construcións San Blas, S.L., Arturo Costas Fervenza, Alberto Fernández Martinez, José Manuel Mariño Fernández, Ivan Santero Mosquera, a partir deste momento, efectuaránselles as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Construcións San Blas, S.L., Arturo Costas Fervenza, Alberto Fernández Martínez, José Manuel Mariño Fernández, Iván Santero Mosquera, con último domicilio coñecido en avda. García Barbón número 118-OF, 5, Vigo, La Guía Meira 200, 36029 Moaña, Vigo, r/ Sanjurjo Badía núm. 270-1º a, 36207 Vigo, avda. A Coruña núm. 103 m, 36940 Cangas, Vigo, Bo Rivera, Meira, núm. 275, 36950 Moaña, Vigo, respectivamente, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 12 de xuño de 2012

O secretario xudicial