Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26801

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (116/2010).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto,

Anuncio:

No procedemento ordinario 116/2010, seguido por instancia de José Luis Vela Sánchez, ditouse a resolución cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

A Coruña, once de abril de dous mil doce.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 116/2010, pende de resolución ante esta sala, interposto por José Luis Vela Sánchez, que actúa no seu propio nome e dereito, contra a Resolución 8.6.2009, da Dirección do Servizo Provincial Muface-A Coruña e desestimación presunta de recurso de alzada polo Ministerio da Presidencia. É parte a Administración demandada o Ministerio da Presidencia, representado/a por avogado do Estado. É relatora María Dolores Galindo Gil.

Decidimos que debemos desestimar e desestimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por José Luis Vela Sánchez contra a desestimación presunta por silencio administrativo da Secretaría Xeral de Administracións Públicas do recurso de alzada contra a Resolución do 29 de maio de 2009, da Dirección do Servizo Provincial na Coruña da Mutualidade de Funcionarios da Administración Central do Estado, que denega solicitude de aboamento de subsidio por xubilación, sen facer imposición de custas.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de José Luis Vela Sánchez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 15 de xuño de 2012

José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial