Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26482

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ferrol

EDICTO (953/2008).

Nos autos de referencia ditouse a seguinte resolución:

Sentenza: 316/2010.

Ordinario: 953/2008.

Sentencia:

«En Ferrol o 22 de outubro de 2010.

Vistos e oídos por Mónica Ramírez Encinas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ferrol, estes autos de xuízo ordinario 953/2008, seguidos por instancia de José Santiago Varela García, representado polo procurador Sr. Seco Lamas e defendido polo letrado José María Quiveu Lage, contra María José Ramos Fraga, representada polo procurador Sr. Rodríguez Ramos e asistida do letrado Sr. Patiño Junquera, e contra José Loureda Merlán, declarado en rebeldía procesual, en reclamación de cantidade, recae esta resolución con base no seguinte:

Resolvo que sobresese o presente procedemento respecto de María José Ramos Fraga por carencia sobrevida do obxecto, sen imposición de custas a ningunha das partes.

Estimo a demanda presentada pola representación de José Santiago Varela García en reclamación de cantidade contra José Loureda Merlán e, en consecuencia, condeno este último a lle pagar á parte demandante a cantidade de 15.974 euros que devindicará os xuros legais desde a interpelación xudicial.

Con imposición das custas causadas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e lévese o orixinal ao libro correspondente; o testemuño quedará unido aos autos.

Contra a presente sentenza cabe interpor ante este mesmo xulgado, e para ante a Audiencia Provincial, recurso de apelación no prazo de cinco días.

De conformidade co disposto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, para o anuncio ou preparación do recurso de apelación será necesaria a consignación como depósito de 50 euros, que deberán ser ingresados na conta de consignación de depósitos aberta a nome deste xulgado na entidade Banesto, o que deberá ser acreditado, baixo apercibimento de inadmisión do recurso.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A xuíza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada no día da data en Audiencia Pública pola xuíza que a ditou, do que eu, secretaria, dou fe.

E para que lle sirva de notificación a José Loureda Merlán, expídese este edicto.

Ferrol, 14 de xuño de 2011

O/A secretario/a xudicial