Na sesión que tivo lugar o día 14 de xuño de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de decembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou o seguinte acordo:
Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4 da convocatoria.
Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo cos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2012
Xan Xosé Castro Dapena
Presidente do tribunal