Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26484

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas

EDICTO (310/2011).

Elena García Figueira, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas, fai saber que no presente procedemento de xuízo verbal 310/2011, seguido por instancia de Zurich fronte a Pedro Labrujo Moreira, se ditou sentenza, da que se insire un extracto para a súa publicación, que é o seguinte:

«Sentenza 17/2012.

Cangas, 3 de xaneiro de 2012.

Visto e oído por min, Alejandro Couselo Barrio, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas, o procedemento de xuízo verbal número 310/2011, que ten por obxecto unha reclamación de cantidade, con base nas relacións que se establecen entre os responsables solidarios por responsabilidade extracontractual, pronuncio esta sentenza. Foron partes no procedemento, como demandante, Compañía Aseguradora Zurich, que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, representada pola procuradora Sra. Angulo Gascón e defendida polo letrado Sr. del Río Varela e, como demandado, Pedro Antonio Labrujo Moreira, que non comparece no procedemento e foi declarado en situación de rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo que estimo integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Angulo Gascón, en nome e representación de Zurich, fronte a Pedro Antonio Labrujo Moreira. Condeno a Pedro Antonio Labrujo Moreira a pagar a Zurich, S.A. a cantidade de 1.280,99 euros máis os xuros legais. Condeno a Pedro Antonio Labrujo Moreira ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, Pedro Labrujo Moreira, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cangas, 15 de febreiro de 2012

A secretaria xudical