Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26485

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO (480/2010).

Emma Rodríguez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, polo presente edicto fago saber que no procedemento de xuízo ordinario nº 480/2010, seguido por instancia da entidade Ingasfon, S.L., representada pola procuradora Teresa Carrera Fernández, fronte a Hotel Saramagueda de Arriba, S.L. declarado en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza, nº 39/2011.

Ponteareas, 26 de abril de 2011.

Vistos por Eva Armesto González, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, os autos do xuízo ordinario 480/2010 no que son partes a demandante Ingasfon, S.L. representada por Teresa Carrera Fernández e defendida por María Jesús Sarabia García e a demandada Saramagueda de Arriba, S.L.

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda presentada por Ingasfon, S.L. contra Saramagueda de Arriba, S.L. e debo condenar e condeno a Saramagueda de Arriba, S.L. a pagar a Ingasfon, S.L. a cantidade de 37.522,92 euros máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda o 15 de setembro de 2010.

Debo condenar e condeno en custas a Saramagueda de Arriba, S.L.

Notifíquese ás partes a través dos seus representantes en xuízo».

Contra esta sentenza poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación conforme os artigos 457 e seguintes da LAC.

E encontrándose o devandito demandado, Hotel Saramagueda de Arriba, S.L., declarado en rebeldía e en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ponteareas, 4 de xuño de 2012

A secretaria xudicial