Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26486

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (247/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 247/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando García Lago contra a empresa Jose González Rodríguez sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, catro de xuño de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Fernando García Lago, que comparece asistido polo letrado Antonio Pousa Merens, e doutra como demandado a empresa José González Rodríguez, que non comparece malia estar citado en legal forma.

Decisión.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Fernando García Lago fronte á empresa José González Rodríguez e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 346,84 euros (trescentos corenta e seis con oitenta e catro céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 30,83 euros por día; e que ata a data da presente sentenza ascenden 4.192,29 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0247.12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0247.12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación e legal forma á empresa José González Rodríguez, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de xuño de 2012

O secretario xudicial